© Pint of Science, 2025. All rights reserved.

Iván Andrade Tasende
Coordinador
Concelleiro, enxeñeiro, pandereteiro e padriño.
Agora tamén coordinador do #Pint25CAR
Creo na evolución da especie dende os tempos dos "homes das tabernas".

Verónica Bolón Canedo
Coordinadora
Enxeñeira e Doutora en Informática, investigadora, nai e feminista.
Divulgación como modo de vida.
Intelixencia natural a disposición da intelixencia artificial.

Cristina Abelleira Martínez
Responsable Comunicación
Muller, nai, xornalista e carballesa. Na actualidade, orgullosa responsable de comunicación do Concello de Carballo.
Experta en "fregados" de todo tipo, desde un baile para maiores ata unhas xornadas científicas.
O meu lema: En Carballo hai de todo, e se non o hai, organizámolo.

Daniel Barreiro Quintáns
Responsable Bares
Xeógrafo de Carballo. Vivo planificando todo ao detalle, pero a curiosidade sempre me leva a sitios que non aparecen no mapa… coma este.

Jorge "Coco" Cebey García
Asesor Técnico
Enxeñeiro de formación, profesor de profesión e tecnólogo por vocación.
Ensinando e aprendendo do alumnado, profesorado e veciñanza de Carballo dende hai case 25 anos.
Afeccionado ó relacionado co motor, e mellor coas motos.